Remedia é unha axencia de márketing situada na Costa da Morte que traballa con empresas de toda Galicia. Xestiona desde estratexia e redes sociais ata identidade corporativa, fotografía de produto e creación de contidos. A web debía presentar esa variedade de servizos, pero tamén demostrar a capacidade creativa da propia axencia a través do seu portfolio e do blog.
Neste caso, o deseño non podía pasar desapercibido.
Construímos unha interface dinámica, con movemento, composicións pouco convencionais e unha personalidade visual forte. O reto estaba en conseguir ese efecto sen caer nun erro bastante habitual: facer unha web espectacular durante os primeiros cinco segundos e desesperante durante todos os seguintes. Por iso, o deseño e a optimización traballáronse ao mesmo nivel, para manter unha carga rápida e unha navegación fluída.
Encargueime do deseño da interface e do desenvolvemento web. Inclúoa porque amosa que non hai que escoller entre personalidade e rendemento: unha web pode ser atrevida, moverse e sorprender sen converterse nunha carga pesada.
Remedia é, ademais, un colaborador habitual coa que comparto proxectos.


