Blog, Concursos, Landing page
2026

RSC de Casa Grande de Xanceda

Campañas dixitais para transformar iniciativas sociais e ambientais en experiencias visuais, participativas e rápidas, con liberdade creativa e solucións técnicas pensadas para responder a cada acción.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://educandoconmalibu.com
Captura da web de Casa Grande de Xanceda en escritorio
Captura da web de Casa Grande de Xanceda en móbil
Negocio / proxecto

Casa Grande de Xanceda

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Ao longo de varios anos desenvolvín diversas páxins webs para campañas de responsabilidade social de Casa Grande de Xanceda. Proxectos diferentes arredor do benestar animal, o medio ambiente, a educación e a mobilización social.

Aquí había unha liberdade de deseño difícil de atopar nunha web corporativa.

Cada campaña necesitaba a súa propia personalidade: textos enormes, fotografías a pantalla completa, movemento, elementos solapados e composicións pouco convencionais. Algunhas eran páxinas de campaña moi directas; outras incluían novas, galerías ou contidos enviados pola comunidade. Todo pensado principalmente para móbil e sen usar a creatividade como escusa para construír webs lentas.

Pero non todo era deseño. Algunhas campañas tiñan que recibir centos de fotografías ou vídeos de gran tamaño enviados polas persoas participantes. Desenvolvín sistemas personalizados para xestionar esas achegas e, nos casos necesarios, enviar automaticamente os vídeos a Google Drive no canto de saturar o servidor da web.

Inclúo estas campañas como un único proxecto porque resumen dúas partes do meu traballo que non sempre coinciden: liberdade para deseñar sen medo e capacidade técnica para conseguir que a idea funcione cando comezan a chegar participacións reais. Porque unha web pode ser moi bonita pero, se falla cando a xente participa, deixa de ser unha boa campaña e pasa a ser un problema.

Outras webs da RSC de Casa Grande de Xanceda
Captura da web futbolistasdelaleche.com
Futbolistas de la leche
Captura da web tiktokerdevacas.com
Tiktoker de Vacas
Captura da web lametazoscontraabandono.com
Lametazos contra el abandono

Ao longo destes anos colaboramos no desenvolvemento de varias landing pages para Casa Grande de Xanceda vinculadas a campañas concretas ou proxectos concretos. O traballo consistiu non só no desenvolvemento técnico, senón tamén en trasladar a nosa identidade de marca a un entorno dixital, creando páxinas atractivas, funcionais e fáciles de actualizar que nos permiten comunicar mellor os nosos proxectos e conectar cos nosos públicos.

O que máis valoramos é a implicación e a capacidade para entender o que necesitamos. Non te limitas a executar unha idea, senón que achegas propostas, buscas solucións e axudas a mellorar o resultado final. Ademais, es proactivo e iso agradécese. Ademais, destacaría a rapidez nas respostas, a flexibilidade durante o desenvolvemento dos proxectos e a facilidade para atopar solucións cando xorden cambios ou novas necesidades.

Para nós era moi importante contar cun espazo onde explicar proxectos que van máis alá dos nosos produtos: benestar animal, biodiversidade, agricultura ecolóxica, educación ambiental ou iniciativas sociais. As webs permítennos contar estas historias dunha forma clara, visual e accesible, axudando a que consumidores, administracións e outros grupos de interese comprendan mellor o impacto do noso traballo.

Recomendaría traballar contigo porque combinas un bo nivel técnico cunha gran capacidade para entender os obxectivos do cliente. Iso fai que o proceso sexa moi sinxelo e que o resultado final non sexa só unha web bonita, senón unha ferramenta útil para comunicar e cumprir os obxectivos do proxecto. Ademais, a proximidade no trato e a implicación durante todo o proceso fan que sexa moi doado traballar contigo.

Foto de Sara Torreiro
Sara Torreiro

Responsable de márketing de Casa Grande de Xanceda

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar