Solga Traducción é a marca profesional de Sofía Olveira, tradutora con máis de quince anos de experiencia e acreditada como tradutora xurada de inglés. A web presenta os seus servizos en galego, castelán e inglés, tanto para persoas que necesitan documentación oficial como para empresas con proxectos técnicos ou creativos.
O reto era explicar que non todas as traducións resolven o mesmo problema.
A tradución xurada require acreditación oficial, selo e sinatura. A tradución técnica esixe precisión terminolóxica. E a tradución creativa busca trasladar o efecto dunha mensaxe, non só as palabras. Por iso, cada especialidade dispón do seu propio apartado, acompañado dunha sección de preguntas frecuentes que axuda a aclarar o proceso antes de solicitar un orzamento.
Encargueime do deseño e desenvolvemento da web multilingüe, organizando os servizos dentro dunha estrutura clara, rápida e adaptada á identidade profesional de Sofía. Inclúoa porque representa ben unha web corporativa pequena e especializada: non necesita grandes funcionalidades, senón explicar con precisión que fai diferente á profesional e dar argumentos para confiar nela.

