Ecommerce
2026

Son de Lugo

Migración de PrestaShop a WooCommerce. Redeseño dun ecommerce multidioma, con produtores e produtos conectados, subscricións, loxística externa e venda directa de produto local.
Pasa o rato para percorrer a páxina
Páxina web Son de Lugo
Páxina web Son de Lugo
Negocio / proxecto

Son de Lugo

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress e tenda online

En colaboración con

Arela Márketing Sostible

Máis sobre o proxecto

Son de Lugo é unha tenda en liña que reúne pequenos produtores da provincia de Lugo para vender produto local e de proximidade directamente ao consumidor. Da montaña á costa, da horta ao leite, a plataforma permite mercar produtos de calidade a prezos xustos e sen intermediarios, tanto de maneira individual como mediante subscrición.

O reto principal foi migrar unha tenda xa existente de PrestaShop a WooCommerce, conservando produtos, pedidos e información previa, pero aproveitando o cambio para construír unha plataforma máis completa. A nova web é multidioma, en galego e castelán, incorpora área de usuario, listas de desexos, subscricións e distintos tipos de envío, incluído transporte en frío.

Tamén se desenvolveu unha estrutura dinámica que relaciona produtores e produtos. Cada produtor conta coa súa propia ficha e cos produtos asociados, de maneira que toda a información queda conectada internamente e é máis sinxela de manter. A isto súmanse a renovación dos correos transaccionais e a integración dos envíos cunha plataforma externa como DPD.

Encargueime do desenvolvemento e da migración técnica, prestando especial atención ao rendemento. Inclúoo porque representa ben o traballo que hai detrás dunha tenda en liña complexa cando todo funciona como debería: catálogo, produtores, subscricións, loxística e contidos conectados nunha plataforma rápida tanto en móbil como en escritorio.

Unha das cousas que máis valoramos da súa forma de traballar é a seriedade.

Cumpre cos prazos, coida moito os detalles e ten un compromiso claro coa calidade do resultado final. Antes de facer unha entrega realiza un control de calidade moi detallado e revisa o proxecto para detectar e corrixir calquera problema antes de que chegue a nós.

Pode parecer un detalle menor, pero nun proxecto web marca unha diferenza enorme.

Ademais, é un gran coñecedor de WordPress e das tecnoloxías web. Iso fai que proxectos que inicialmente poden parecer complexos se vaian resolvendo con naturalidade. É fácil traballar con el porque entende rapidamente o que necesitas, sabe traducilo a unha solución técnica e, cando considera que hai unha forma mellor de facelo, explícaa e propona.

Foto de Ana Díaz
Ana Díaz

Comunicación e márketing

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar