Portfolio, Web corporativa
2026

Sonsonos arquitectura

Unha web corporativa con portfolio e contido especializado para presentar un estudo de arquitectura con personalidade, reforzar o posicionamento local e mostrar cada proxecto.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://sonsonos.com/
Captura da web de Sonsonos en escritorio
Captura da web de Sonsonos en móbil
Negocio / proxecto

Sonsonos

Idioma

Castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

En colaboración con

Arela Márketing Sostible

Máis sobre o proxecto

Sonsonos é un estudo de arquitectura de Lugo especializado en obra nova, rehabilitación e reforma. A web debía presentar os seus servizos, explicar unha forma de traballar próxima e rigorosa e trasladar unha identidade moi concreta: arquitectura seria pero sen artificios.

O traballo consistiu en adaptar á web os deseños e recursos visuais definidos polo estudo, mantendo unha interface diferente sen dificultar a navegación. A estrutura incorpora un portfolio de proxectos, galerías pensadas para ensinar o proceso e comparativas do antes e o despois, ademais dun blog con consellos e historias de arquitectura que axudan a resolver dúbidas reais antes de iniciar unha obra.

Encargueime do desenvolvemento web, da organización do portfolio e do apoio na estrutura SEO: investigación básica de palabras clave, xerarquía de títulos e organización dos contidos para buscas relacionadas coa arquitectura, a rehabilitación e as reformas en Lugo e Galicia.

Inclúoa porque representa ben unha web corporativa na que o deseño non é decoración. A interface, o portfolio e os textos traballan xuntos para transmitir a personalidade do estudo, ensinar como resolve os proxectos e dar argumentos para confiar nel antes de realizar a primeira consulta.

Proxecto en colaboración con Arela Márketing Sostible.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar