Portfolio, Web corporativa
2024

Suseia vídeo profesional

Unha web corporativa bilingüe para presentar os servizos dunha cooperativa audiovisual e organizar un portfolio no que vídeos, proxectos e clientes demostran a experiencia real.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://suseia.gal
Captura da web de Suseia S.Coop Galega en escritorio
Captura da web de Suseia S.Coop Galega en móbil
Negocio / proxecto

Suseia S.Coop Galega

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Suseia é unha cooperativa galega especializada en produción audiovisual e comunicación. Traballa en formatos televisivos, vídeos corporativos, campañas publicitarias, edición, posprodución e contratación de profesionais, cunha maneira de entender o sector ligada á cooperación, á ética empresarial e á sustentabilidade.

A web debía explicar esa variedade de servizos sen quitarlles protagonismo aos traballos.

Por iso, o portfolio ocupa unha parte central da estrutura. Cada proxecto permite combinar vídeo, texto e contexto para amosar campañas, pezas divulgativas, contidos culturais ou producións para institucións e empresas.

Encargueime do deseño e desenvolvemento da web en galego e castelán, organizando a información corporativa, os servizos e o arquivo de traballos dentro dunha interface clara e visual. Inclúoa porque representa ben o que necesita unha produtora audiovisual: unha web que non compita cos seus vídeos, senón que lles dea estrutura, contexto e un lugar onde demostrar o valor do traballo.

«Encargámoslle a Anxo todo o ligado o deseño, posicionamento e mantemento web porque desde a primeira conversa intuimos, pola súa implicación cos proxectos (e coa empresa), que faría o imposíbel por sacalos adiante como se foran propios.

Isto que pode parecer unha chorrada, non o é tanto. Para quen precisamos ter a nosa cabeza noutras fases da produción dun proxecto, ter unha persoa de man na que confiar e delegar parte da imaxen e construción da marca dixital da empresa é esencial.

É complexo traballar en proxectos de dixitalización cunha empresa como a nosa, que pola súa estrutura e valores forma parte do consumo local e a economía solidaria, sen correr o risco de que se perdan moitos dos valores que van innatos ao cooperativismo. Digamos que estes valores Anxo sabe situalos sempre no centro de cada proxecto, facendo que a rede sexa un mercado máis solidario. Atopámonos, por tanto, ante un profesional resolutivo, creativo e que sabe medir e segmentar ben os nosos públicos.

Para unha empresa como a nosa, que vive da comunicación e a publicidade, contratar os seus servizos supón un valor engadido en cada un dos nosos proxectos. Xa que a “marca Anxo” sempre resulta moi atractiva para os usuarios finais.

Penso que a diferenza entre Anxo e outros programadores ou deseñadores web está en que cando traballas con Anxo non contratas un informático (que tamén), senón contratas un compañeiro de equipo. E esa implicación vai libre de IVE en cada orzamento.

Moitas grazas polo teu traballo!»

Foto de David Miranda
David Miranda

Comunicación e márketing

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar