Blog, Portfolio, Web corporativa
2025

Trébore estudio de diseño

Unha web corporativa bilingüe para presentar os servizos e traballos de Trébore, combinando deseño, portfolio e unha identidade profesional vinculada á inclusión e á sustentabilidade.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://www.trebore.com/
Captura da web de Trébore estudio de diseño en escritorio
Captura da web de Trébore estudio de diseño en móbil
Negocio / proxecto

Trébore estudio de diseño

Idioma

Galego e castelán

Tecnoloxía

WordPress con contidos dinámicos

Máis sobre o proxecto

Trébore é un centro especial de emprego da Coruña especializado en deseño gráfico, maquetación, agasallo corporativo e traballos de manipulación. A súa proposta combina creatividade cun compromiso claro coa inclusión laboral, o impacto social e o uso responsable dos materiais.

A web debía explicar esa dobre dimensión.

Por unha banda, presenta os servizos e a forma de traballar do estudo. Pola outra, incorpora un portfolio dinámico no que os proxectos poden organizarse e filtrarse por categorías como identidade visual, deseño, publicacións, folletos ou merchandising. O blog permite completar esa presentación con contidos propios e novidades.

Encargueime do desenvolvemento da web e de trasladar á interface a identidade visual proposta polo equipo, construíndo unha presenza dixital bilingüe que puxese o traballo realizado no centro da comunicación.

Inclúoa porque representa ben unha web corporativa que non necesita artificios nin funcionalidades enormes para ter valor. Necesita explicar con claridade que fai a empresa, ensinar traballos reais e conseguir que a súa personalidade e os seus principios tamén se perciban na pantalla.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar