Directorio
2021

UdCientificas

Un directorio bilingüe para visibilizar investigadoras da Universidade da Coruña, con fichas detalladas, busca avanzada e filtros que crean un recurso de consulta moi útil.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://udcientificas.com/
Captura da web de Teresa Piñeiro en escritorio
Captura da web de Teresa Piñeiro en móbil
Negocio / proxecto

UDCientíficas

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress con directorio e filtrado

Máis sobre o proxecto

UDCientíficas é un directorio de investigadoras, expertas e especialistas vinculadas á Universidade da Coruña. O proxecto, impulsado polo Centro de Estudos de Xénero e Feministas, a UDC e o Concello da Coruña, busca facer visible o talento feminino en ámbitos nos que as voces expertas seguen aparecendo menos do que deberían.

A plataforma organiza os perfís por ramas, áreas de coñecemento, especialidades, campus e liñas de investigación. Cada investigadora conta cunha ficha propia con información profesional, datos de contacto, redes e campos adaptados á súa actividade. Un sistema de busca avanzada permite localizar rapidamente especialistas en temas concretos, desde química ou enxeñaría ata educación, saúde, economía ou humanidades.

Encargueime do desenvolvemento completo do directorio en WordPress: estrutura dos perfís, campos dinámicos, arquivos, buscadores, filtros e versión bilingüe. Inclúoo porque combina utilidade social e resolución técnica. Non se limita a publicar unha listaxe de nomes: converte centos de perfís académicos nunha base de datos organizada, consultable e preparada para medrar.

«Contactamos con Anxo para a optimización do directorio de expertas UDCientíficas. O traballo requería o desenvolvemento dun buscador áxil e sinxelo de utilizar, en dous idiomas, na procura de converterse nun recurso útil para medios de comunicación e outras entidades/persoas. Asemade esta web debía ser de fácil mantemento para que puidesemos xestionala as personas que formamos parte do Centro de Estudos de Xénero e Feministas. O resultado foi unha páxina web sinxela en apariencia e moi intuitiva, e a automatización de diferentes procesos (como as novas altas).

O desenvolvemento desta web foi un proceso iterativo no que Anxo atendía, integraba e aportaba solucións para todas as cuestión planteadas. Incluso adiantou unha versión beta da web para poder facer unha pequena presentación semanas antes da data fixada para a súa entrega.

En definitiva, un profesional serio, resolutivo e creativo. Completamente recomendable».

Foto de Teresa Piñeiro
Teresa Piñeiro

Profesora titular UdC

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar