Directorio, Mapa interactivo, Web corporativa
2025

Xeodestino Ancares Terras de Burón

Unha web turística bilingüe para descubrir os Ancares, consultar rutas, axenda, recursos e integrar mapas interactivos que fan do territorio nun destino máis accesible e consultable.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://ancaresterrasdeburon.gal
Captura da web de Asociación Montes e Vales Orientais – GDR3 en escritorio
Captura da web de Asociación Montes e Vales Orientais – GDR3 en móbil
Negocio / proxecto

Asociación Montes e Vales Orientais – GDR3

Idioma
Tecnoloxía
En colaboración con

Arela Márketing Sostible

Máis sobre o proxecto

Ancares Terras de Burón é a web dun xeodestino formado por catorce concellos do interior de Lugo. O portal pon en valor un territorio con tres Reservas da Biosfera, patrimonio natural, gastronomía, tradicións e diferentes propostas para coñecelo sen présa.

O reto era reunir moita información sen crear unha guía turística imposible de percorrer.

Cada concello dispón do seu propio espazo e a web organiza contidos dinámicos como a axenda, festas gastronómicas, feiras, mercados, rutas en bicicleta, percorridos temáticos, propostas de ecoturismo e artigos de actualidade. Ademais, integra mapas turísticos externos que permiten localizar rutas, monumentos, fervenzas, fragas, aloxamentos e outros puntos de interese desde móbil ou ordenador.

Desenvolvín a parte web en colaboración con Arela Marketing Sostible, que participou tamén na estratexia e na creación dos contidos. O meu traballo consistiu en construír a estrutura multilingüe, organizar os diferentes tipos de información e integrar os mapas dentro dunha navegación coherente.

Inclúoa porque unha web non pode limitarse a ensinar fotografías bonitas. Ten que axudar a decidir que visitar, que facer e como organizar a viaxe. E facelo sen reducir un territorio enorme a catro lugares de sempre.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar