Categoría: Lingua
Rol: Desenvolvemento da web e aplicacións

As chaves da lingua

Proxecto educativo e divulgativo con máis de 200 artigos, recursos e aplicacións web propias que ten como obxectivo mellorar o galego do día a día, sen explicacións aburridas e con exemplos prácticos.

Que é o proxecto?

As chaves da lingua é un proxecto educativo e divulgativo sobre lingua e cultura galegas creado por Noemí García, profesora de galego, en 2023.

Ten como obxectivo que quen queira poida aprender e mellorar o seu galego do día a día sen explicacións aburridas e con exemplos prácticos.

Noemí encárgase dos contidos escritos no blog: artigos, explicacións, recursos e materiais para resolver dúbidas reais sobre o galego sen converter cada consulta nunha clase eterna.

Eu participo na parte dixital e técnica: desenvolvemento web, mantemento, melloras, estrutura e desenvolvemento de ferramentas propias (aplicacións) como O xogo do Tabú en galego (tabu.gal), encrucillados, sopas de letras, xogos do enforcado, o creador de nadaliñas ou un chatbot experimental con IA sobre verbos en galego (verbos.gal).

Premio Mil Primaveras 2026.

Por que importa?

Porque Internet tamén é un espazo moi complexo para a lingua galega.

Se o galego non está nos buscadores (Google), na IA, nos xogos, nas ferramentas, nas newsletters e nos formatos que a xente usa cada día, queda fóra dunha parte enorme da vida actual.

As chaves da lingua demostra que o galego pode ter presenza dixital útil, atractiva e constante sen depender dunha gran estrutura detrás. É un proxecto sostido por dúas persoas, con vocación e moitas horas de traballo desinteresado.

O galego non pode vivir só de discursos. Non pode vivir só de intencións. Non pode vivir só de campañas subvencionadas. Nin tampouco vale estar laiándose do mal que vai todo.

Isto vai de facer cousas útiles en galego que a xente use de verdade.

Por último, o proxecto demostra que o galego pode atraer tráfico orgánico (Google e IAs, principal fontes de tráfico), crear comunidade, xerar recursos útiles e ocupar espazos dixitais que moitas veces quedan desertos ou colonizados por outras linguas.

Como participo?

Levo a parte técnica e dixital do proxecto: deseño e desenvolvemento web, mantemento, optimización, estrutura de contidos e creación de aplicacións propias.

O meu papel é poñer a tecnoloxía ao servizo dunha idea simple: que o galego non viva só en discursos, senón tamén en ferramentas útiles.

Podes ver a entrada d’As chaves da lingua no meu portfolio aquí.

Datos do proxecto

190.000
Usuarios únicos
350.000
Páxinas vistas
3.000
Subscritores newsletter

Algunhas imaxes