Caso real de un side project de cursos online con WordPress

Caso práctico sobre como crear, lanzar e facer medrar unha plataforma de cursos online con WordPress, desde a captación de persoas interesadas ata a conversión en vendas.

Crear un curso online non consiste só en gravar contidos e subirlos a unha plataforma. Antes hai que atraer persoas, explicarlles por que lles interesa, gañar confianza, resolver dúbidas e deseñar un percorrido que as leve desde o primeiro contacto ata a compra.

Nesta charla explico o caso real de Cursos.gal: como se construíu a plataforma con WordPress, como se organizou a oferta formativa por niveis e como se conectaron a web, os contidos, a captación de subscritores, a newsletter e o proceso de venda.

O obxectivo é mostrar o que hai detrás dun side project dixital máis alá da parte técnica: validación, proposta de valor, maduración da audiencia, conversión e mellora continua. Sen teoría perfecta, sen cifras inventadas e cun proxecto real que continúa evolucionando.

Comparte:
Isto vai de: WordPress
Tipo: Charla