Ter unha web, publicar nas redes e enviar algún correo non significa necesariamente ter unha estratexia dixital. Podes estar facendo moitas cousas e, aínda así, non saber cal funciona, cal che fai perder tempo ou onde se están escapando as oportunidades.
Esta checklist propón unha revisión práctica de cinco áreas clave do teu negocio en Internet: páxina web, redes sociais, posicionamento en buscadores, email márketing e análise de resultados. Cada bloque inclúe seis puntos concretos para avaliar o que xa tes e detectar melloras posibles.
O obxectivo non é que cambies todo de golpe, senón que deixes de improvisar. En 10 páxinas terás unha visión máis clara da túa situación dixital e unha lista de accións para priorizar o que realmente pode axudarche a atraer máis clientes e vender mellor.