Checklist WPO: 10 pasos para que a túa web WordPress non sexa unha tartaruga

Charla práctica con dez comprobacións clave para detectar por que unha web WordPress carga lenta e aplicar melloras reais sen caer en solucións máxicas nin tecnicismos innecesarios.

Unha web lenta non é só molesta. Fai que a xente marche antes de ver o que ofreces, empeora a experiencia desde o móbil e pode facerche perder visitas, contactos e vendas sen que chegues sequera a decatarte.

Nesta charla repaso os dez erros máis habituais que lastran o rendemento dunha web WordPress: imaxes mal optimizadas, exceso de plugins, hosting frouxo, caché mal configurada, fontes, scripts externos e outros problemas que se van acumulando ata converter a páxina nunha tartaruga.

O obxectivo é que saias cunha checklist clara e aplicable á túa propia web. Sen prometer puntuacións perfectas, sen instalar vinte plugins máis e sen facer un mestrado en rendemento web para empezar a mellorar o que xa tes.

Comparte:
Isto vai de: WordPress
Tipo: Charla