Conquista clientes sen perseguilos. Como pasar dunha marca invisible ao éxito en Internet

Ebook práctico para entender o márketing de atracción e aprender a crear contidos, captar confianza e facer que máis clientes cheguen ao teu negocio sen andar perseguíndoos.

Conseguir clientes non debería consistir en berrar máis ca ninguén, publicar por publicar ou perseguir persoas que nin sequera saben se necesitan o que vendes. Se a túa marca é invisible, o problema non sempre é que non traballes ben. O problema é que non estás comunicando valor de forma clara.

Neste ebook explico como funciona o márketing de atracción e como podes aplicalo ao teu negocio con ferramentas reais: blog, SEO, vídeos, redes sociais, email márketing, podcasts, ebooks, webinars e contidos descargables. Non vai de facer todo á vez, senón de escoller as canles que teñen sentido para ti e para o teu público.

O obxectivo é que deixes de depender só da sorte, das recomendacións ou da publicidade puntual. Unha marca forte atrae porque resolve, explica, acompaña e xera confianza antes da venda. Sen trucos milagreiros. Sen postureo. Con estratexia, personalidade e constancia.

Comparte:
Isto vai de: Márketing dixital
Tipo: Ebook