Blog
2023

As chaves da lingua

Un proxecto divulgativo en galego convertido nunha plataforma de contidos e aplicacións, con máis de cen mil visitas anuais e máis de tres mil subscritores na newletter.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://aschavesdalingua.gal/
Captura da web de As Chaves da Lingua en escritorio
Captura da web de As Chaves da Lingua en móbil
Negocio / proxecto

As chaves da lingua

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress

Máis sobre o proxecto

As chaves da lingua é o proxecto persoal de Noemí García para aprender, mellorar e gozar do galego. Naceu como un blog con publicacións semanais sobre gramática, vocabulario, ortografía, literatura, tradicións ou lecer, pero co tempo foi medrando ata converterse nunha plataforma con recursos propios.

Hoxe non é só un lugar onde ler artigos.

O proxecto incorpora xogos e aplicacións como sopas de letras, encrucillados, o enforcado, o Tabú en galego, un xerador de nadaliñas personalizadas ou verbos.gal, un chatbot experimental especializado en conxugación verbal. Cada ferramenta ten a súa propia interface e está pensada para funcionar de maneira sinxela desde o móbil.

Encargueime de construír toda a base técnica: o blog, a estrutura dos contidos, a optimización para buscadores e dispositivos móbiles e o desenvolvemento a medida das diferentes aplicacións mediante PHP e JavaScript. A autoría dos artigos e dos materiais lingüísticos corresponde a Noemí.

Inclúoo porque amosa como un proxecto editorial pode evolucionar cando a tecnoloxía acompaña as ideas. As chaves da lingua supera as cen mil visitas únicas anuais e conta cunha newsletter de máis de tres mil persoas. Non só publica contido en galego: crea ferramentas para usalo, aprendelo e xogar con el.

Este é un proxecto no que participo personalmente. Podes atopar máis info na súa entrada da sección de proxectos.

«Anxo axudoume a crear a imaxe corporativa d'As chaves da lingua, desde a elección das cores ata o deseño e a estrutura da páxina web. Desde o primeiro momento guioume durante todo o proceso. Ao comezo non tiña moi claro o que necesitaba e el soubo orientarme, achegarme moitas ideas e axudarme a definir o proxecto.

Co paso do tempo, As chaves da lingua foi medrando e o blog comezou a necesitar novas funcionalidades. Anxo foi deseñando solucións á medida, como xogos en liña (sopas de letras, aforcados, encrucillados), unha aplicación para crear postais de Nadal e mesmo un chatbot sobre verbos. En todos os casos, conseguiu levar as miñas ideas máis aló e crear resultados incluso mellores do que eu imaxinaba.

Tamén me axudou a crear unha newsletter que me permite manter o contacto coa miña audiencia e construír unha comunidade arredor do proxecto.

Destaco especialmente a súa capacidade para entender o que necesito e para converter as miñas ideas en ferramentas reais, útiles e ben integradas na páxina».

Foto de Noemí García
Noemí García

Creadora d'As chaves da lingua

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar