Cursos.gal é unha plataforma de formación en liña especializada na aprendizaxe do galego. As persoas poden mercar o curso que precisan, crear a súa conta e acceder aos contidos desde calquera lugar e ao seu ritmo.
Pero detrás dunha compra aparentemente sinxela hai bastante máis.
A plataforma conecta pagamento, creación de usuarios, matrícula automática e control de acceso. Cada curso está organizado en módulos e leccións e incorpora contidos teóricos, vídeos, audios, materiais descargables, xogos, modelos de exame e cuestionarios autocorrixibles con explicacións. O alumnado pode avanzar polo temario, consultar o seu progreso e acceder ás actualizacións sen intervención manual.
Encargueime de deseñar e desenvolver toda a plataforma, desde a parte pública e comercial ata a tenda, a área privada e a estrutura. Inclúoa porque demostra ata onde se pode levar WordPress cando deixa de empregarse como un simple xestor de páxinas: a web vende cursos, matricula alumnado, restrinxe contidos, avalía exercicios e sostén unha experiencia completa de aprendizaxe.
Este é un proxecto no que participo personalmente. Podes atopar máis info na súa entrada da sección de proxectos.

