Cursos.gal é unha plataforma de formación en liña pensada para persoas que queren aprender galego, mellorar o nivel que xa teñen ou preparar os coñecementos necesarios para acceder a certificacións oficiais.
Os cursos están organizados en tres niveis: iniciación, medio e avanzado, e combinan explicacións claras, exemplos reais, exercicios, tests e recursos descargables. Todo está pensado para avanzar ao propio ritmo e sen depender de horarios ou clases en directo.
A idea é afastarse dos cursos que parecen deseñados para outra época. O obxectivo é aprender galego: escribir, comprender e usar o idioma con máis seguridade en situacións persoais, académicas e profesionais.
Porque falar galego de maneira habitual non significa necesariamente dominalo.
Moitas persoas úsano na casa, coa familia ou cos amigos, pero atopan dificultades cando teñen que redactar un correo, escribir un texto formal, presentarse a unha oposición ou expresarse nun contexto profesional.
Cursos.gal intenta cubrir ese espazo: axudar a consolidar a lingua, corrixir erros frecuentes, ampliar vocabulario e gañar seguridade sen converter a aprendizaxe nunha carreira de obstáculos.
Tamén importa porque aprender galego pode abrir portas laborais, sumar méritos en procesos públicos e mellorar a comunicación profesional. Pero hai algo máis: coñecer mellor unha lingua tamén é unha forma de valorala, transmitila e usala con menos medo a equivocarse.
Creei e desenvolvo a plataforma desde o punto de vista técnico: web, sistema de formación, acceso aos contidos, tests, recursos descargables, pagamentos e experiencia de usuario.
Tamén participo na definición da estratexia de negocio.
Os contidos, exercicios, xogos, audios etc. están creados por persoas graduadas en filoloxía galega.
Podes ver a entrada de Cursos.Gal no meu portfolio aquí.