Ecommerce, Sitio de cursos
2025

Cursos .Gal

Unha plataforma de formación en liña que automatiza compra, matrícula e acceso. Integra cursos, leccións, exames autocorrixibles e recursos nunha instalación WordPress propia.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://cursos.gal
Captura da web de Medra co teu Negocio S.L. en escritorio
Captura da web de Medra co teu Negocio S.L. en móbil
Negocio / proxecto

Cursos de galego

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress con ecommerce e cursos online

Máis sobre o proxecto

Cursos.gal é unha plataforma de formación en liña especializada na aprendizaxe do galego. As persoas poden mercar o curso que precisan, crear a súa conta e acceder aos contidos desde calquera lugar e ao seu ritmo.

Pero detrás dunha compra aparentemente sinxela hai bastante máis.

A plataforma conecta pagamento, creación de usuarios, matrícula automática e control de acceso. Cada curso está organizado en módulos e leccións e incorpora contidos teóricos, vídeos, audios, materiais descargables, xogos, modelos de exame e cuestionarios autocorrixibles con explicacións. O alumnado pode avanzar polo temario, consultar o seu progreso e acceder ás actualizacións sen intervención manual.

Encargueime de deseñar e desenvolver toda a plataforma, desde a parte pública e comercial ata a tenda, a área privada e a estrutura. Inclúoa porque demostra ata onde se pode levar WordPress cando deixa de empregarse como un simple xestor de páxinas: a web vende cursos, matricula alumnado, restrinxe contidos, avalía exercicios e sostén unha experiencia completa de aprendizaxe.

Este é un proxecto no que participo personalmente. Podes atopar máis info na súa entrada da sección de proxectos.

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar