Ecommerce, Revista dixital
2018

Orgullo Galego

Unha publicación dixital con tenda online e estratexia de captación para converter unha gran comunidade en audiencia propia, vendas e relación directa mediante contido e newsletter estable.
Pasa o rato para percorrer a páxina
https://orgullogalego.gal/
Captura da web de Orgullo Galego en escritorio
Captura da web de Orgullo Galego en móbil
Negocio / proxecto

Orgullo Galego

Idioma

Galego

Tecnoloxía

WordPress e tenda online

Máis sobre o proxecto

Orgullo Galego é a maior comunidade dixital en galego, con máis de medio millón de persoas seguidoras nas redes sociais. A súa web funciona como revista arredor da cultura, da lingua, da natureza e das tradicións galegas, cun arquivo propio de artigos e vídeos que non depende dos algoritmos das plataformas externas.

Pero a web tamén é unha parte central do negocio.

Desenvolvín a tenda en liña desde a que se venden libros, roupa, produtos propios e outros artigos vinculados coa identidade do proxecto. O traballo non consistiu só en instalar un catálogo: había que facer cómoda a navegación, facilitar a compra e integrar a parte comercial dentro dunha web editorial sen que unha anulase a outra.

Encargueime tamén da estratexia de captación dentro da propia web. A newsletter, que xa supera as 5.000 persoas subscritas, permite manter unha relación directa coa comunidade, distribuír os contidos e reducir a dependencia das redes sociais. A portada, os formularios, os recursos descargables e as diferentes chamadas á subscrición están pensados para transformar visitas puntuais en audiencia propia.

Inclúoa porque mostra unha web que cumpre varias funcións ao mesmo tempo: publica, vende e constrúe comunidade. Non é só o escaparate dixital dun proxecto con moitos seguidores. É unha infraestrutura propia que converte esa atención en relación, recorrencia e negocio.

Este é un proxecto no que participo personalmente. Podes atopar máis info na súa entrada da sección de proxectos.

«Anxo leva anos encargándose da páxina web de Orgullo Galego e converteuse nunha peza importante na evolución do proxecto. Desenvolveu a tenda en liña, que hoxe é un dos piares do negocio, funciona con estabilidade e ofrece unha experiencia coa que os clientes están moi satisfeitos.

Ademais do desenvolvemento técnico, achega ideas para mellorar a web e facer que venda máis. Del partiu tamén a proposta de crear e potenciar a newsletter, que xa supera as 5.000 persoas subscritas, así como outras accións de márketing vinculadas á captación e á conversión dentro da propia web.

Destacaría a súa implicación, a proximidade e a capacidade para propoñer solucións prácticas que realmente funcionan».

Foto de Borxa Castro
Borxa Castro

Responsable de Orgullo Galego

— Tes un proxecto similar?

O teu negocio pode ser o seguinte en saír no portfolio

Cóntame o que necesitas e vemos se podemos encaixar