Portfolio

Unha selección con algúns dos máis de 150 proxectos web nos que participei. Son proxectos escollidos porque amosan diferentes xeitos de resolver problemas reais en Internet.
Web de Pablo Lorenzo
Directorio, Web corporativa
2025
Un catálogo dixital con centos de produtos, filtros e contacto directo por WhatsApp, pensado para dar visibilidade ao comercio e mellorar o seu posicionamento local na Coruña.
Web de David Viña
Web corporativa
2025
Unha web visual e animada para explicar como CuentaAI transforma unha situación cotiá nunha historia con pictogramas, facendo comprensible a aplicación antes mesmo de crear unha conta.
Web de Associação Espaço Clara Corbelhe
Revista dixital
2025
Redeseño e reconstrución dunha publicación dixital para ordenar anos de revistas, artigos, libros, anuarios e formación, reforzar a seguridade e facilitar a consulta e o crecemento futuro.
Web de Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia
Directorio, Intranet, Web corporativa
2025
Plataforma web para ordenar información, conectar profesionais e automatizar xestións, con directorio, ofertas, recursos e unha intranet multilingüe ao servizo das persoas colexiadas.
Web de Iago Gordillo
Blog, Web corporativa
2025
Unha web para centralizar vídeos, podcasts, proxectos e servizos arredor dos videoxogos en galego, cun sistema automático que importa e arquiva cada novo contido publicado.
Web de Iago Gordillo
Blog, Directorio
2025
Un catálogo dinámico para descubrir videoxogos en galego, con fichas completas, busca avanzada e filtros que converten centos de títulos dispersos nun recurso de consulta útil de primeiro nivel.
Web de Claudio Casaccia e Sara Comesaña
Blog, Web corporativa
2025
Unha web corporativa que adapta a identidade do circo á interface e organiza actividades específicas para crianzas, familias, centros educativos e eventos con claridade, axenda e actualidade.
Web de José Rodríguez
Portfolio, Web corporativa
2025
Web corporativa en tres idiomas para presentar servizos de tradución audiovisual, localización e subtitulado, reforzar o posicionamento e demostrar experiencia mediante un portfolio profesional.
Web de Arela Saúde S.Coop Galega
Ecommerce, Web corporativa
2025
Unha web con dúas identidades, dúas navegacións e unha soa instalación para ordenar servizos clínicos, empresas, formación e venda de recursos dixitais sen mesturalos nin crear confusión.
Web de Fundación Ronsel
Web corporativa
2025
Múltiples portais corporativos que conforman a presenza dixital da Fundación Ronsel e ordenan os seus programas de emprendemento, inserción laboral e acompañamento a persoas e entidades.
Web de Lorena Fernández
Web corporativa
2024
Unha one-page para presentar experiencia, autoridade e servizos profesionais, con navegación por áncoras, formularios segmentados e unha interface coidada que conduce ao contacto.
Web de Queixería Verbas
Ecommerce, Web corporativa
2024
Unha web e tenda en liña para presentar queixos de autor elaborados en Arzúa, transmitir a súa produción ecolóxica e facilitar a compra directa ao produtor.