Portfolio

Unha selección con algúns dos máis de 150 proxectos web nos que participei. Son proxectos escollidos porque amosan diferentes xeitos de resolver problemas reais en Internet.
Web de Sofía Olveira tradutora
Web corporativa
2024
Páxina web corporativa en tres idiomas para presentar servizos de tradución xurada, técnica e creativa, explicar cada especialidade e facilitar o contacto coa profesional.
Web de Somos Antü
Web corporativa
2024
Páxina web cálida para presentar servizos de acompañamento emocional e educativo, cunha interface que fai da identidade de Somos Antü unha marca próxima e recoñecible.
Web de Viveros Borrazás S.L.
Portfolio, Web corporativa
2024
Un redeseño corporativo cun catálogo de centos de especies, buscador e filtros, pensado para presentar un viveiro de referencia e facer consultable toda a súa variedade vexetal dispoñible.
Web de Concello de Pontevedra e Maos Innovación Social
Directorio, Mapa interactivo
2024
Un mapa literario que relaciona obras, autorías e espazos de Pontevedra mediante fichas dinámicas, filtros e xeolocalización para crear unha forma distinta de percorrer a cidade.
Web de Nova Escola Galega
Directorio, Web corporativa
2024
Migración dunha web ríxida a unha plataforma editable que organiza publicacións, actividades, galerías e grupos de traballo, con buscadores, filtros e contidos reservados para usuarios.
Web de Helena Murados
Web corporativa
2024
Unha web bilingüe, clara e rápida para presentar os servizos dunha avogada en Lugo, transmitir proximidade e reforzar o seu posicionamento nas buscas locais.
Web de Associaçom Escolas de Ensino Galego
Blog, Web corporativa
2024
Unha web extensa e dinámica para presentar a rede Semente, organizar centros, actividades, formación, recursos e trasladar a Internet un proxecto de ensino diferente.
Web de Enxerta, S.L.
Directorio, Intranet, Mapa interactivo
2024
Unha plataforma de oportunidades no rural galego que organiza ofertas, traspasos e relevos, e permite buscalos e xeolocalizalos mediante fichas dinámicas, filtros e mapas interactivos en liña.
Web de Suseia S.Coop Galega
Portfolio, Web corporativa
2024
Unha web corporativa bilingüe para presentar os servizos dunha cooperativa audiovisual e organizar un portfolio no que vídeos, proxectos e clientes demostran a experiencia real.
Web de Jorge Allegue
Portfolio, Web corporativa
2024
Web para presentar e ordenar aloxamentos turísticos, con fichas dinámicas, galerías, características e localizacións pensadas para facilitar a elección do aloxamento axeitado.
Web de Elena Rivas
Blog, Web corporativa
2024
Unha web corporativa optimizada que presenta servizos profesionais, equipo e instalacións, e facilita o contacto directo co centro mediante WhatsApp Business do Centro Amilogo.
Web de Herrajes Martínez
Ecommerce, Web corporativa
2023
Unha tenda online con centos de referencias, prezos personalizados e acceso restrinxido a usuarios, pensada para automatizar pedidos de provedores, distribuidores e talleres do sector.